Quiosco: Nalgures tomo 6

A Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta hoxe o volume na Coruña

Capa do volume 6 de <i>Nalgures</i>
Capa do volume 6 de Nalgures
A Fundación Caixa Galicia acolle ás 20:30 horas a presentación do sexto tomo de Nalgures, revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia. O volume recolle artigos sobre a historia medieval de Muxía, as guerras entre o noso país e Portugal, o emperador Fernando I ou as maletas de autores que se conservan na Real Academia Galega, entre outras cuestións. Na presentación, Carlos Pereira Martínez impartirá a conferencia Tres voces proletarias coruñesas a partir do artigo homónimo que se pode ler na publicación.