Tokio, un dos debuxantes pioneiros da BD galega durante os anos oitenta, volta á novena arte cunha obra longa. Demo Editorial publicará en breve Cabana de Balieiros unha obra de intriga ambientada a comezos do século XIX nunha vila dedicada á caza de baleas na nosa costa. Canda a el, a firma anuncia a edición de Punto de fuga, a primeira novela gráfica, de corte intimista, de Miguel Cuba. De cara aos vindeiros meses, a firma anuncia a edición en castelan de O Fillo da Furia de Miguel Fernández e Manolo López Poy e mais dun novo tÃtulo de Manel Cráneo.