O programa Ceo das Letras, que inaugura a Cidade da Cultura, non é do agardo do PEN Clube de Galicia. O colectivo de escritores anunciou que se negou a participar no evento e considera que non é axeitado mesturar autores da literatura galega con outros nados na nosa terra pero que escribiron en castelán. Pola súa banda, o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que si participa na sesión dedicada a Blanco Amor, recoñeceu que "é desproporcionada a presenza da literatura castelá" no ciclo.