A selección que anualmente organiza o web Fervenzas Literarias do mellor da literatura galega está a gañar pulo. Máis de 500 persoas achegaron a súa opinión para escoller os favoritos do ano que acaba de rematar. Segundo os seus votos, resultou que Todo é silencio de Manuel Rivas foi escolleita como mellor novela, e o seu creador como mellor autor. Pola súa banda, Estremas de Ana Romanà gañou no apartado de poesÃa, David Pintor levou o recoñecemento ao mellor ilustrador, Xerais o de mellor editora e Brétemas o premio ao blog, mentres o Diario Cultural era considerado mellor medio. Encol ao mellor acontecemento para as letras en 2010, foi recoñecida a dedicatoria do DÃa das Letras a Lois Pereiro, mentres que a ConsellarÃa de Cultura foi considerada o peor que lle sucedeu ao sector nos pasados doce meses.