Fervenzas Literarias escolle o mellor das nosas letras en 2010

Por vez primeira as votación deste web superaron os 500 participantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A selección que anualmente organiza o web Fervenzas Literarias do mellor da literatura galega está a gañar pulo. Máis de 500 persoas achegaron a súa opinión para escoller os favoritos do ano que acaba de rematar. Segundo os seus votos, resultou que Todo é silencio de Manuel Rivas foi escolleita como mellor novela, e o seu creador como mellor autor. Pola súa banda, Estremas de Ana Romaní gañou no apartado de poesía, David Pintor levou o recoñecemento ao mellor ilustrador, Xerais o de mellor editora e Brétemas o premio ao blog, mentres o Diario Cultural era considerado mellor medio. Encol ao mellor acontecemento para as letras en 2010, foi recoñecida a dedicatoria do Día das Letras a Lois Pereiro, mentres que a Consellaría de Cultura foi considerada o peor que lle sucedeu ao sector nos pasados doce meses.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Ana Romaní, Lois Pereiro, Literatura...