Neste 2011 cúmprense 100 anos do nacemento en Mondoñedo do escritor Álvaro Cunqueiro, a quen Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, definiu hoxe á mañá como "unha das figuras senlleiras da cultura europea do século XX". Para celebralo, numerosas institucións coordinaron a súa programación cultural nunha oferta que se presentou hoxe á mañá no CG.
Entre os eventos destaca unha exposición itinerante, un congreso internacional e dez faladoiros, coordinados desde o Consello da Cultura Galega por Henrique Monteagudo nunha comisión inter-institucional integrada pola Consellería de Cultura, os concellos de Mondoñedo e Vigo, as universidades galegas e a Real Academia Galega. Os eventos non están previstos só para Galicia, senón que tamén se celebrarán no exterior, en Madrid, en Barcelona, en centros do Instituto Cervantes a través do convenio subscrito entre o Consello da Cultura Galega e aquela institución e, segundo o conselleiro Roberto Varela, estase negociando a súa visibilidade tamén noutros centros dependentes do Ministerio de Asuntos Exteriores.
As actividades do progama 2011, Ano Cunqueiro comezarán de feito nas rúas de Vigo o próximo 21 de febreiro. As obras do escritor sairán á rúa e os seus textos viaxarán nos autobuses da cidade na que pasou boa parte da súa vida. Xulio Calviño, concelleiro de Seguridade, tráfico e transportes, explicou que o acto central, no que intervirá Luís Emilio Batallán, terá lugar o 26 de febreiro no Centro Cultural de Novacaixagalicia.
Os vicerrectores de Cultura das universidades da Coruña e Santiago, Luís Caparrós e Javier Garbayo, respectivamente, aludiron ao congreso internacional Mil e un Cunqueiros organizado polo Consello da Cultura e as tres universidades galegas para o mes de outubro. Non acudiu ao acto o representante da Universidade de Vigo.
Manuel González, en representación da Real Academia Galega, aludiu áo acto que o 16 de abril rememorará no Seminario de Mondoñedo o ingreso de Álvaro Cunqueiro na institución e a resposta de Francisco Fernández del Riego, recentemente desaparecido. Cunqueiro fora proposto por Ramón Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño, Ricardo Carballo Calero e Domingo García Sabell.
O alcalde de Mondoñedo, Manuel Orlando González Cruz, afirmou que o programa era especialmente importante para a cidade que viu nacer a Cunqueiro e na que repousa definitivamente. Anunciou a creación dun centro cultural dedicado aos mindonienses ilustres co autor de Merlín e familia á fronte.
O Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, agradeceu o traballo do Consello da Cultura Galega e das institucións integrantes da Comisión promotora e anunciou o propósito de difundir a obra cunqueiriana a través dos centros dependentes do Ministerio de Asuntos Exteriores. Subliñou asemade a importancia de acoller algúns dos actos previstos na Cidade da Cultura recén inaugurada. O primeiro no ciclo Sábados de autor o 2 de abril. Xunto co Conselleiro acudiu á presentación do programa o Director xeral de promoción e difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez.
Un programa moi diversificado
O programa de actividades 2011, Ano Cunqueiro, recolle actividades organizadas ou patrocinadas polo Consello da Cultura Galega, a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, a Real Academia Galega e mailos Concellos de Vigo e Mondoñedo.
Tamén colaboran a Deputación de Lugo, a Escola Superior de Arte Dramática, a Fundación Cidade da Cultura, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales e a Axencia Galega de Industrias Culturais.
Febreiro, 21-26. Vigo. Actividades de rúa en colaboración coa Asociaciòn Cultural Casco Vello, de Vigo e lecturas dramatizadas coa Escola Superior de Arte Dramática.
Marzo abril, Santiago. Inauguración da Exposición sobre Cunqueiro en Santiago de Compostela, Casa da Parra. Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Recital poético-musical de Amancio Prada en Santiago de Compostela (Axencia Galega de Industrias Culturais-AGADIC-Consellería de Cultura- Xunta de Galicia).
Abril, 2. Santiago. Acto literario Cunqueiro, a maxia da palabra, con Quico Cadaval e Cándido Pazó, no ciclo Galicia, ceo das letras / Sábados de autor, organizado pola Fundación Cidade da Cultura / Xunta de Galicia.
Abril, 16. Mondoñedo. Acto público en conmemoración ingreso de Álvaro Cunqueiro na Real Academia Galega. Organiza a RAG, coa colaboración do Concello de Mondoñedo. Salón de actos do Seminario de Mondoñedo.
Maio decembro. A exposición sobre Cunqueiro, inaugurada en Santiago de Compostela, itinerará por Lugo (maio-xuño), Ourense (xullo), Mondoñedo (agosto), A Coruña (setembro), Pontevedra (outubro), Ferrol (outubro-novembro) e Vigo (novembro-xaneiro 2011). Organiza Consellería de Cultura Xunta de Galicia.
En paralelo coa exposición, o Consello da Cultura Galega organiza Faladoiros en cada unha das cidades nas que poderá verse a Exposición, sobre diferentes aspectos da obra de Cunqueiro.
Programa previsto dos Faladoiros:
-A obra poética de Álvaro Cunqueiro. Santiago, abril
-A cultura popular na obra de Álvaro Cunqueiro. Lugo, xuño
-Álvaro Cunqueiro no galeguismo. Ourense, xullo
-Boticas, menciña e maxia. Mondoñedo, agosto
-A obra dramática de Álvaro Cunqueiro. A Coruña, setembro
-Os intelectuais galegos e o franquismo. Pontevedra, outubro
-O mundo céltico e bretón na obra de Álvaro Cunqueiro. Ferrol, novembro
-Álvaro Cunqueiro, xornalista. Vigo, decembro
Xuño, 15. Santiago de Compostela. Recital poético, lectura de poemas de Álvaro Cunqueiro, coordinado por Luís González Tosar e organizado polo Consello da Cultura Galega.
Setembro, 28 outubro, 1. A Coruña, Santiago e Vigo. Congreso Internacional Mil e un Cunqueiros, organizado polo Consello da Cultura Galega e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Como conferencias plenarias están previstas as intervencións de César Antonio Molina, John Rutherford e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Decembro, 22. Mondoñedo. Clausura do ano. A Maxia das Palabras. Actos de animación cultural polas rúas de Mondoñedo (Maxia, contacontos, recitais poéticos). Organiza Concello de Mondoñedo, coa colaboración da Deputación de Lugo.
OUTRAS ACTIVIDADES PREVISTAS
Roteiro cunqueiriano. Elaborado polo portal www.culturagalega.org
(Consello da Cultura Galega).
O incerto señor don Hamlet, posta en escena de Sarabela Teatro, co patrocinio da AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. A montaxe estará na Rede Galega de Teatro.
Filme documentario patrocinado pola a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, baixo a dirección de Antón Reixa.
Actos literarios en Madrid e Barcelona, organizados polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, coa coordenación de Carlos González-Reigosa (Madrid) e Basilio Losada (Barcelona).
Difusión dunha versión reducida da Exposición nalgúns centros do Instituto Cervantes, en virtude do convenio asinado en novembro entre esta institución e o Consello da Cultura Galega.
Exposición sobre Cunqueiro e a gastronomía, organizada pola Fundación Cidade da Cultura.