A escultura do 25º aniversario do Parlamento atópase nun vertedoiro

Fora deseñada polo escultor compostelán Fernando Blanco

Aínda que xa se coñecía que o Parlamento de Galicia enviara ao desguace a escultura conmemorativa do seu 25º aniversario, ninguén vira as impactantes fotografías da desfeita da escultura que antes sobresaía entre as reixas do Parlamento á rúa Ramón Piñeiro. Un lector de Galicia Confidencial publicou esta fin de semana fotografías da coñecida obra tiradas na chatarra. A obra fora encargada polo Parlamento de Galicia no 2006 como unha das accións para festexar o 25º aniversario da fundación da institución e tivo un custe de 60.000 euros. Segundo El País, o proxecto tiña permiso para cupar parte da vía pública durante un ano. O mesmo xornal indica que o Parlamento decidiu retiralo xa que a escultura estaba podre e o mal estado dalgunhas das pranchas metálicas podía ser problemática.