O Centro Social Novacaixagalicia de Vigo acolle esta tarde, a partir das 19:30 horas, o acto de homenaxe que a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol lle dedican a Francisco Fernández del Riego. Responsables destas entidades, canda a persoeiros como Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, presidente da Real Academia ou Manuel Bragado, en representación da Asociación de Editores, lembrarán a figura do intelectural recentemente desaparecido. No acto proxectarase un video con imaxes do falecido e poderá escoitarse a súa última intervención pública. Ademais, distribuirase unha publicación que recolle as homenaxes escritas que recibiu a súa figura logo do falecemento.