O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que desenvolve unha Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos dependente da ConsellerÃa de Cultura e Turismo. As competencias da nova Dirección xeral, que substitúe á anterior de Promoción e Difusión da Cultura, inclúen o apoio á produción cultural e plans respecto da polÃtica do libro, o estÃmulo da creación literaria, as autorizacións para a realización de feiras, a dirección da Biblioteca e do Arquivo de Galicia (que están na Cidade da Cultura) ou a execución da lexislación sobre propiedade intelectual. A nova Dirección Xeral tamén ten por obxectivo "a orientación do servizo público da lectura para difundir a cultura por medio do libro e dos soportes virtuais relacionados coas novas tecnoloxÃas da información". O resto das competencias da extinta Dirección Xeral serán asumidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais.