Falece o xeógrafo Francisco Río Barja

Agárdase que a incineración se celebre ao longo da fin de semana en Compostela

7/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade

A morte surprendeu ao xeógrafo Francisco Río Barja aos 91 anos de idade cando se atopaba de vacacións en Canarias. O seu corpo foi atopado na cama do hotel no que descansaba, sen que polo momento se teñan determinado as causas do falecemento. Para alén dun intensto traballo de divulgación encol da xeografía do noso país mediante a realización de manuais, mapas e documentaais Río Barja participou activamente en entidades como a Real Academia, o Consello da Cultura ou o Instituto Padre Sarmiento, e recibiu polos seus esforzos o premio Trasalba e a Medalla Castelao, entre outros recoñecementos.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, salientou a importancia da traxectoria do falecido, a quen definiu como “un home discreto, amable e elegante”.
Para o día de hoxe agárdase que o corpo do defunto chegue a Compostela, onde residía, e que unha vez resoltos os trámites correspondentes se proceda á súa incineración ao longo da fin de semana.


Do mesmo ámbito

24/02/2011

Escritor de topografías

O Consello da Cultura Galega homenaxea ao profesor Francisco Río Barja, gran divulgador da xeografía galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Padre Sarmiento, Castelao, Morte, Xeografía...