Superou os 600.000 exemplares editados, cumpre 50 anos e é unha das obras de referencia da literatura galega. Tal dÃa como hoxe saÃa do prelo a primeira edición de Memorias dun neno labrego e o concello da Estrada quere aproveitar a efeméride para homenaxear ao seu autor, Xosé Neira Vilas, nun acto que botará a andar ás 11 da mañá no Museo do Moble desta localidade. Esta data tamén servirá para que Galaxia poña na rúa a primeira das dúas reedicións da novela que publicará este ano. Non será a única editora, xa que Ir Indo, prepara outra a cargo de Avelino Muleiro que incorporará 93 artigos centrados na novela. Ademais, Museo de Pontevedra e a Dirección xeral do Libro organizarán neste 2011 senllas exposicións a raÃz desta novela.