O apoio público á tradución de obras desde e para o galego baixa un terzo en 2011. A ConsellarÃa de Cultura publicaba onte no Diario Oficial a convocatoria pola que se achegan 200.000 euros para este fin, que se repartirán en dúas anualidades, entre este ano e 2012. A cifra contrasta cos 300.000 que se investiron na anterior convocatoria. As axudas cubrirán entre o 50% e o 75% do importe da tradución, ata a un máximo de 6.000 euros. Na convocatoria préstase especial atención a apoiar obras de interese cultural vencelladas a aniversarios e centenarios que se celebren no perÃodo sinalado.