“Ser auga e darse en auga”. Este verso de Bernardino Graña (Cangas, 1932) é o que pon tÃtulo ao volume que compila a súa produción poética de 1958 a 2008. O encargado de dirixir ese traballo foi Miro Villar e fai parte da colección Arte de Trobar, coeditada polo Centro Pen de Galicia e Novacaixagalicia (NCG). A constante do mar, tanto no léxico como no seu universo literario é unha das constantes da obra deste autor que se pode ver neste traballo que completa unha colección que conta agora con 17 tÃtulos.