Francisco López RodrÃguez presidiu o pasado 30 de decembro a xuntanza do Consello de Bibliotecas de Galicia. Na mesma xuntanza anunciou que o seu departamento desenvolveu ao longo de 2010 1.028 actividades de promoción do libro e da lectura en 113 bibliotecas e investiu máis de 1.200.000 euros en dotación e mellora dos equipamentos entre outras medidas. Esta foi a estrea de López RodrÃguez como director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos logo de que o Diario Oficial do pasado 24 de novembro fixese público o cambio de nome deste departamento, que aÃnda ten pendente o desenvolvemento da súa estrutura.
López RodrÃguez anunciou tamén que a agardadada Lei de Bibliotecas presentarase para a súa aprobación no parlamento ao longo do primeiro trimestre de 2011. Canda a isto, anunciou para este ano que comeza a posta en marcha do portal dixital Galiciana, vencellado á Biblioteca de Galicia, e mais do servizo da Biblioteca Central de Préstamo.