As mañás dos sábados desde o dÃa 15 de xaneiro ata o 25 de xuño, a Cidade da Cultura acolle o ciclo Galicia, Ceo das letras. A actividade pretende homenaxear en cada unha das súas doce sesións a grandes figuras da literatura. RosalÃa de Castro, Valle-Inclán, Cunqueiro, Pessoa, Borges, Blanco Amor ou Valente son algúns do protagonistas do ciclo, que contará coa presenza de creadores de diversos campos das nosas artes. Músicos, contacontos, bailarÃns e especialistas en literatura participarán nas distintas sesións. O prazo de inscrición está aberto no web da Cidade da Cultura.