A Cidade da Cultura programa literatura para as mañás dos sábados

Galicia, Ceo das letras achegará sesións centradas en autores como Cunqueiro, Pessoa ou Borges

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

As mañás dos sábados desde o día 15 de xaneiro ata o 25 de xuño, a Cidade da Cultura acolle o ciclo Galicia, Ceo das letras. A actividade pretende homenaxear en cada unha das súas doce sesións a grandes figuras da literatura. Rosalía de Castro, Valle-Inclán, Cunqueiro, Pessoa, Borges, Blanco Amor ou Valente son algúns do protagonistas do ciclo, que contará coa presenza de creadores de diversos campos das nosas artes. Músicos, contacontos, bailaríns e especialistas en literatura participarán nas distintas sesións. O prazo de inscrición está aberto no web da Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Rosalía de Castro, Narración oral, Cidade da Cultura de Galicia