O premio de teatro Josep Robrenyo é un dos máis destacados da escena catalá e este ano foi parar a mans dunha galega. Vanesa Sotelo (Cangas do Morrazo, 1981) fÃxose con este premio de experimentación teatral dotado con 3.000 euros pola obra Memoria do incendio escrita en galego. A obra xorde dunha viaxe a Praga, na que a autora descubriu a historia de Jan Palach e Jan ZajÃc, dous estudantes que se inmolaron a finais do setenta para protestar contra a invasión de Checoslovaquia. A autora, que é membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro, xa ten no seu haber o o Premio de xurado do IV Certame "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico convocado pola Radio Galega con Indoor.