Logo dun ano sen saÃr á luz por problemas económicos,o BoletÃn da Real Academia (RAG) chegaba onte ao seu número 370. A publicación, editada co apoio da Deputación de Lugo, centra as súas páxinas na figura de Ramón Piñeiro. O acto de presentación, na Cidade da Muralla, serviulle á Academia para dar a saÃda aos actos do ano dedicado a Lois Pereiro. Unha intervención de Antón Patiño sobre a figura do vindeiro homenaxeado no DÃa das Letras e mais unha lectura de poemas de Pereiro a cargo de DarÃo Xohán Cabana e Manuel Rivas, que tamén lembrou a súa amizade co autor, serviron como inicio das actividades dedicadas ao poeta monfortino.