Parón económico, redución do volume de negocio, desaparición de axudas. Estas cuestións supoñen, sen dúbida ningunha, o denominador común das industrias culturais galegas neste 2010. No entanto, ao longo dos últimos doce meses tanto as artes escénicas como a edición, a música, o audiovisual, ou o mercado da arte viviron procesos diferentes. A consolidación do asociacionismo e a aposta pola internacionalización semellan as tendencias máis destacadas do ano que remata.
A edición
Para Manuel Bragado, director de Edicións Xerais e presidente da Asociación Galega de Editoras, o 2010 “foi o ano do fracaso do libro electrónico. ExistÃan espectativas de que despegase, pero aÃnda que se deron algúns pazos, non se consolidou como negocio”. Fóra de formatos, para Bragado “indubidablemente foi ano da novela. Houbo varias que tiveron moita presenza social, como foron as de Manolo Rivas ou a de Diego Ameixeiras, isto amosa unha recuperación da ficción en galego”. Como fito, “gustarÃame salientar a dignidade e a actitudade de AgustÃn Fernández Paz” ao rexeitar o Premio da Cultura de Galicia polo seu desacordo coa polÃtica lingüÃstica do actual goberno. A reorganización interna do sector, co nacemento do Clúster da Edición, LibrarÃas e Comercialización, e a organización do Culturgal por parte das industrias culturais galegas “son dous fitos importantes. Está claro de que cara ao futuro Culturgal vai consolidarse e o Clúster vai ser fundamental para o futuro dun sector que están enl proceso de transición e de mudanza de paradigmas”. A nivel de polÃticas públicas encol do libro, “gustarÃame destacar a consolidación do movemento de bibliotecas escolares a nivel de lectura”, un avance que contrapón á celebración do Ano do Libro e da lectura de 2010 “que foi pobrÃsimo”.
As artes escénicas
Segundo Ernesto Chao, presidente de Escena Galega, "o fito máis destacado de 2010 é a redución orzamentaria por parte da Administración. A Xunta destina menos cartos á cultura, pero tamén os propios concellos", resume. Como resultado desto nos últimos doce meses descendeu moito a contratación de espectáculos xa para 2011, co que os efectos deste descenso vanse notar no futuro inmediato. "Penso que non é alarmismo, senón unha realidade que esta situación vai facer desaparecer a boa parte das compañÃas", explica Chao. "A AGADIC presentou un estudo que sostén que as industrias culturais medraron en número. Pero nós consideramos que é unha trampa porque ese incremento responde a empresas unipersoais que os empregados crean despois de ser despedidos de grandes empresas" resumo. Canda a isto, no entanto, Chao sinala que "isto é unha mágoa porque este ano as compañÃas se atreveron con montaxes con máis actores que, para o ano que vén, van ter que despedir porque se non hai funcións, non se poderán pagar eses salarios".
A música
O presidente da Asociación Galega de Empresas Musicais, JoaquÃn Martinez Silva, considera que a principal tendencia que se observou ao longo dos últimos doce meses no seu sector foi “a demostración da capacidade de asociacionismo que existe. Están a se crear sinerxias e solucións e común, e avánzase para dignificar o sector e que se valore a nosa importancia económica. Somos moito máis importantes en números e datos do que a xente e os gobernos nos valoran”. Nese sentido, MartÃnez destaca un proceso de certa toma de consciencia por parte da industria da música. “Vámonos dando conta de que as industrias culturais galegas teñen unha experiencia de anos e que son atractivas para o mercado internacional, xa non só polos nosos produtos, senón pola propia xestión que se fai. Nalgúns casos somos pioneiros en facer cousas realmente novidosas, fóra dos conceptos tradicionais da industria e das formas tradicionais de exportación. O traballo que se fai por exemplo co folk a nivel de exportación, amosa que podemos ser punta de lanza”. Malia a importancia que, de xeito tradicional, ten a celebración do Xacobeo para este sector, o presidente de AGEM destaca que, ao seu ver, o deste ano “comezou a montarse moi tarde e houbo solucións de urxencia que ao mellor non favoreceron a industria galega, aÃnda que algo sempre se fai”.
O audiovisual
No Clúster do Audiovisual consideran que o momento máis destacado do ano para o noso audiovisual foi “a cerimonia dos Goya, na que vimos subir a recoller as estatuiñas a varios galegos”. E é que mesmo no medio da crise e dos severos recortes de axudas, o sector deu para certas alegrias nos últimos doce meses. Nese sentido, desde o Clúster destacan “as estreas de pelÃculas galegas este outono, e a rodaxe dunha serie de alto presuposto dunha canle xeralista nacional en Galicia, o que dá idea da consolidación do Plató Galicia como medio de produción internacional”.
O mercado de arte
No mercado da arte, a crise económica marcou de xeito decisivo a evolución de 2010. “A crise nótase como se nota en todo. Estamos todos nunha mesma roda e a economÃa non permite gastar en cousas nas que antes si se gastaba, é óbvio”, explica Marisa Marimón, presidenta da Asociación Profesional de GalerÃas de Arte. O acusado descenso de actividade no mercado da arte en Galicia deu nunha redución considerable de exposicións neste tipo de espazos. “Se antes unha galerÃa facÃa sete ou oito mostras por temporada, agora fanse catro. Redúcense os gastos. Do mesmo xeito, se antes Ãas a feiras, agora valoras moito onde vas, está todo ao ralentÔ. Para alén dos inversores privados, tamén a redución de fondos dos centros públicos dedicados á arte tivo a súa pegada na vitalidade deste sector, “os museos viron tamén moi restrinxida a súa dotación económica, polo que diminuÃron as adquisicións”.