Falaron de GarcÃa Sabell, de Carlos Maside, pero sobre todo de literatura e de poesÃa e son testemuño directo do ambiente da resitencia cultural galeguista dos anos cincuenta. As cartas que Ramón Piñeiro e UxÃo Novoneyra se enviaron entre 1953 e 1972 están reproducidas, transcritas e anotadas nun volume que acaba de presentar o Consello da Cultura Galega. “Son unha peza única que amosa a relación amical de dúas figuras que tiveron un trato moi intenso” puntualizaba Ramón Villares, o presidente da Institución. Un dos editores, LuÃs Cochón (o outro é Luis Alonso Girgado) explicou que son 45 cartas, de desigual extensión e profundidade. “As de UxÃo son cartas de poeta. As Piñeiro, co seu cuño e xeito, non” sentenciou Cochón que aproveitou para apuntar a importancia deste traballo por se “algunha vez chegamos a ter edición crÃtica dalgún dos libros do poeta”.