O pasado mes de xullo Antón Reixa manifestou a súa intención de deixar o seu posto á fronte do Clúster do Audiovisual Galego antes de que rematase o seu mandato. A súa saÃda estaba vencellada á busca dun plan de viabilidade que permitise sanear a situación económica da entidade que se solucionou coa sinatura dun convenio co IGAPE e un plan de viablidade a cinco anos. Este martes, no marco dunha asamblea extraordinaria, formalizouse a súa saÃda na que Reixa deixou o sitio ao produtor Andrés Barbé. O novo presidente considera prioritario investir en investigación e desenvolvemento (no marco da Plataforma Tecnolóxica I+dea) e no plan de internacionalización.