Brétema é un nome moi frecuente na literatura galega. O editor Manuel Bragado mantén un blog en internet que se chama asà e o escritor Manuel Rivas acaba de usalo na súa última obra, Todo é silencio. Pero Marina Mayoral leva usándoo como lugar no que ambienta as súas novelas desde 1979, por iso manifestou públicamente o seu recelo cando veu que Rivas empregaba o mesmo topónimo na súa novela. O escritor, para evitar conflictos con esta autora coa que comparte editora en castelán (Alfaguara), acaba de anunciar que substituirá o topónimo nas próximas edicións.