Lois Pereiro, autor homenaxeado no vindeiro DÃa das Letras, é a nova incorporación á colección de fotobiografÃa sonoras que edita Ouvirmos. A obra comprende unha ampla biografÃa elaborada polo irmán do poeta, o xornalista Xosé Manuel Pereiro ilustrada con preto de cen fotos tirada dos seus álbums familiares. Ademais, o pacote inclúe dous CDs, nun dos cales se pode escoitar a propia voz de Pereiro nunha entrevista que lle realizara pouco antes do seu falecemento Ana RomanÃ. O segundo CD inclúe unha selección dos seus poemas musicados por Manu Clavijo, Alexandro González, Fanny+Alexander, Nación Reixa e Radio Océano. Xurxo Souto asina o comentario de cada unha das cancións asà como o artigo “A calma tensa”, no que analiza a relación de Lois coa música.Un artigo de Lino Braxe completa a obra.