A obra A ARTE DO IMPOSIBLE, da que é autor Ramón Máiz Suárez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010, que organizan conxuntamente a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. O ensaio premiado nesta X edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros, será publicado por Editorial Galaxia o próximo ano. Sete orixianis presentáronse a esta edición. O xurado valorou moi especialmente o novidoso do ensaio e o tratamento dalgúns dos temas centrais da ciencia polÃtica actual cun enfoque tamén relacionado co caso de Galicia. Ademáis de entrar no debate sobre a formulación do poder, na obra premiada reflexiónase a prol da dignidade e o valor da polÃtica como xestión do poder que vén dende abaixo; cun enfoque que reivindica a paixón como raiz común descoñecida da polÃtica fronte ao hiperracionalismo.