O regreso do caralludo Sr. Mundo é unha revisión das convencións do xénero superheróico que chegará ás librarÃas o vindeiro 21 de decembro nunha edición de 300 exemplares. A obra, con debuxos de Alfonso MartÃnez e guión de Nathan Carter e Juan Junquera ten un total de 130 páxinas en branco e negro e recibira unha das axudas á creación de banda deseñada que convocara a Xunta de Galicia. Esta publicación supón o debut de Volta Editores no campo da banda deseñada.