A figura de director-xerente desaparece do organigrama do Festival de Cine de Ourense. Ou a lo menos esa é a intención do Consorcio que mantén esta entidade (presidida por Isabel Pérez, concelleira de Cultura e integrado polo Concello e a Deputación), en prol dun equipo asesor que dirixirá e organizará todo o encontro. Antes de que rematase o seu contrato, Nicanor foi destituido do seu posto pero espérase que sigua vencellado ao festival como “asesor”. Con todo, o equipo segue a traballar na redacción das bases da vindeira edición que sairán publicadas a principios de 2011.