Turgalicia unifica a imaxe promocional de Galicia

A nova imaxe comezou hoxe a difundirse en medios de comunicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Turgalicia quería crear unha marca turística nova que permitira reunir todos as diferentes marcas turísticas creadas ao longo dos últimos anos para sectores máis especializados. Así nace "Galicia, gárdasme o segredo?". Un estudo cualitativo levado a cabo no territorio español concluiu entre outros datos que Galicia era un destino "evocador de emocións e sensacións, envolto nun aire de fantasía e misterio". A nova campaña publicitaria, que incorpora unha identidade gráfica baseada na tipografía dos códices medievais, xustifícase segundo Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, porque "nunha etapa histórica na que as posibilidades de elección para o turista aumentaron de forma exponencial, Galicia inicia hoxe un proceso fundamental para distinguirnos no mercado se cabe un pouco máis que ata agora". A campaña foi adxudicada en agosto á axencia coruñesa IDEA.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turgalicia, Medios de comunicación, Identidade, Alberte Núñez Feijoo

Claves

Protagonistas
Entidades