Son 26 capÃtulos realizados coa técnica stop motion e en galego que narra o universo dos pequenos visto polos ollos duns animaliños de xardÃn. A serie chámase Caracois e leva ao mundo audiovisual os cinco álbumes de NanOQOs, a colección que a editora ten para os prelectores. O proxecto presentouse no Museo de Lugo, porque a área de cultura da Deputación lucense participa economicamente nesta iniciativa (100.000 euros) que pretende falar da amizade, dos medos, do enfado, do amor e das relacións. O proxecto está pensado para nenos de 2 a 4 anos e a deputación espera que distribúa entre todos os colexios de Primaria de Galicia e chegar a un acordo coa TVG para a súa difusión.