Foi premio MTV e MTV latino en 2006 e candidato aos Grammys latinos en dúas ocasións. Pedro Castro é a gran aposta do LAV Vedra, o obradoiro de produción audiovisual que organiza desde hai catro anos a Asociación Sen Un Peso desta localidade coruñesa. Cursos de produción audiovisual, caracterización, after effects, time lapse, correción de cor, 3D e fotografÃa cinematográfica para actores conforman a oferta que impartirán profesionais recoñecidos como Alfonso Zarauza, Marcos Nine, Alfonso Parra, Juan Pablo Etcheberry, Nathan Carter ou Jordi Molina. A cita terá lugar as segunda e a terceira fin de semana de febreiro de 2011 e o prazo de matrÃcula está aberto ata o 31 de xaneiro. Completa o cartel formativo, unha mostra audiovisual e unha serie de conferencias.