Un total de 280.000 euros é o orzamento co que conta a ConsellarÃa de Cultura para organizar actividades nas feiras do libro internacionais ás que acudirá este ano. En concreto, o departamento da Xunta prevé participar na de Boloña (con 50.000 euros), Bos Aires (60.000), Frankfurt (60.000), Guadalajara (50.000) e no LÃber, que alterna entre Madrid e Barcelona (50.000). Está previsto que o sector editorial participe nestes eventos canda á representación oficial.