Cando aínda ecoan os ecos do multitudinario funeral por Francisco Fernández del Riego, Culturagalega.org recupera, en colaboración con Arquivo Sonoro de Galicia algunhas das gravacións históricas desta voz do galeguismo. A análise da obra de Blanco Amor, lembranzas sobre Cunqueiro, ou glosas a Castelao pódense escoitar agora na propia voz de Del Riego.
Galaxia e a edición en Galicia
Paco del Riego foi un dos fundadores, xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Isla Costa, da editorial Galaxia. No programa de RNE Da Terra e dos tempos, del Riego recoñece que pese ós malos tempos que para a cultura galega nos anos do franquismo, Galaxia serviu para recuperar á causa galeguista ós vellos escritores, para atraer ós novos e tamén ós estranxeiros, para publicar as primeiras traduccións de clásicos universais, para facer a primeira literatura infantil en galego, para cultivar xéneros ata daquela adormecidos... e, en definitiva, para guiar a loita galeguista durante todo este tempo.
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia. Colección da Asociación o Facho
No cabodano de Álvaro Cunqueiro
A actividade literaria de moitos escritores galegos quedou paralizada co comezo da Guerra do 36. Algúns permaneceron no silencio durante anos, mesmo despois de que rematase o conflicto. Entre eles, Álvaro Cunqueiro. Só a amizade que o unía con Paco del Riego e a súa insistencia contínua, incansable, foron quen de volver traer ó mestre mindoniense ás letras galegas. A gravación realizouse o 27 de febreiro de 1982 en Mondoñedo.
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia. Colección da Fundación Penzol.
Con Castelao en Bos Aires
Del Riego fala para o colectivo galego na Arxentina e réndelle homenaxe a Castelao neste discurso que impartiu no Cemiterio da Chacarita de Bos Aires en xullo de 1954.
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia. Colección da Fundación Penzol
A obra e a lingua de Blanco Amor
Nunha conferencia no Instituto Ramón Otero Pedrayo de Ourense, Del Riego abordou o traballo literario de Eduardo Blanco Amor con ocasión do Día das Letras Galegas dedicado a este autor en 1993. No fragmento que achegamos céntrase en abordar as constantes da obra do escritor ourensán e analiza o xeito de empregar a lingua.
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Alfonso Cid