Cangas creará unha fundación para a organización da súa mostra de teatro

O encontro organízao anualmente a Asociación Xiria con apoio público

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Profesionalizar o evento e, de paso, conseguir financiamento privado que evite a dependencia dos partidos políticos. Este é o obxectivo que persegue a Asociación Xiria, entidade responsable da Mostra de Teatro de Cangas, ao buscar unha figura xurídica para a organización dese encontro. A figura da fundación é unha das fórmulas estudadas e que o concello local tamén aprobaría. A entidade presentou as contas da Mostra de Teatro desta edición que tivo un superávit de 17.500 euros. Ademais, aprobouse que a edición número 28 teña lugar do 1 ao 9 de xullo de 2011.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cangas

Claves

Conceptos
Lugares