O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou o venres pola tarde o programa de actividades para o 2011, no que o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro terá un papel destacado. O CCG colaborará con diferentes institucións na realización dun programa que Ramón Villares, presidente da institución, cualificou como "ambicioso". O CCG tamén realizará un informe sobre as Fundacións Culturais Galegas e unha exposición sobre o asociacionismo cultural en Galicia e as súas contribucións.