Na mañá do domingo 5 finou no seu domicilio o historiador e escritor Marcos Valcárcel. O “intelectual tranquilo”, como o denominaron nalgunha ocasión os seus amigos, foi un traballador incansable pola cultura galega á que contribuÃu con numerosos estudos e á súa difusión a través dun blog “As uvas na solaina”, que lle valeu numerosos premios. Ademais da súa faceta investigadora, tamén cultivou o lado creativo con diferentes obras. A Xunta concedeulle en 2009 a Medalla Castelao. Os seus restos están no Tanatorio das Burgas (número 6) durante o dÃa do luns, tal e como figura no seu propio blog.