Suspendida a conferencia de Monica Threlfall no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)

O texto completo da conferencia está dispoñible na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A conferencia prevista hoxe no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), que organiza desde hai tres anos o Consello da Cultura, quedou suspendida. Monica Threlfall, profesora da London Metropolitan University que está a investigar o concepto de cidadanía tiña previsto impartir unha conferencia titulada A representación política ideal d@s cidad@(n)s en España, Reino Unido, Polonia e Macedonia. A suspensión do voo que a traía a Galicia impedirá que o encontro teña lugar. O texto íntegro da súa intervención está dispoñible no web do Consello, mentres a institución está a buscar outra data para celebrar o evento.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Polonia, Reino Unido, Consello da Cultura Galega