Unha marca comercial única para Internet que abranga tanto o libro tradicional como o electrónico. Esta é a proposta que realizou o pasado dÃa 29 nas xornadas do Clúster do Libro, Manuel Pan, da empresa Abertal, quen lembrou que xa existen iniciativas semellantes para a música do noso paÃs. Ao seu ver, esta iniciativa pode supor múltiples vantaxes de cara á comercialización e ao recoñecemento dos produtos desta industria cultural.