Xunta, Consello da Cultura Galega, Real Academia, Fundación Penzol e Galaxia uniranse nunha última homenaxe a Francisco Fernández del Riego. O Centro Galego de Arte Contemporánea, en Compostela, acollerá o vindeiro mércores 1 de decembro o acto institucional, que comezará ás 17 horas. Desde o pasado venres sucédense as mostras de pesar pola desaparición do insigne galeguista, e a celebración onte do funeral reuniu en Vigo a preto de 300 persoas.