Galiza é o tÃtulo da obra inédita que deixou Manuel MarÃa á súa morte. Unha sÃntese de xeografÃa e historia do noso paÃs que agora ve a luz da man da Fundación que leva o seu nome. Ferrol acolle hoxe ás oito da tarde a presentación desta obra, no que é o comezo dunha xira que visitará as grandes cidades galegas. A seguinte parada será mañá na sede da Real Academia, na Coruña. Pola súa banda, a editorial Alvarellos acaba de tirar do prelo Gran Lugo de Nebra, unha obra que recolle 51 textos breves en prosa de UxÃo Novoneyra. Un estudo de Pilar GarcÃa Negro e ilustarcións de Xesús Blas Lourés acompañan os textos, dos cales doce son completamente inéditos.