Os seis mil euros o Premio Vicente Risco de Creación Literaria xa teñen destinatario. Fernando Méndez conseguiu convencer ao xurado coa súa obra Deus xogando aos dados, unha historia de ingriga que ambienta no tráfico de ouro dos nazis. O galardón está convocado polo Concello de Ourense en colaboración coa Fundación Vicente Risco e a editorial Sotelo Blanco.