Preto de 11.000 persoas pasaron ao longo da fin de semana polo Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais que se celebrou en Pontevedra. Segundo sinalaron os organizadores do evento, a falta de cifras definitivas, este resultado supón unha satisfacción e, segundo apuntou Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal, "despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá Culturgal 2011". Do mesmo xeito, responsables de diferentes colectivos da industria cultural recolleron o compromiso do sector de continuar coa celebración deste evento nos vindeiros anos.