Falece o dramaturgo Pancho Martínez

O funeral celebrarase hoxe ás 16.30 no seu Rianxo natal

A morte sorprendeu onte ao autor e director teatral Pacho Martínez no seu Rianxo natal. Martínez, de 52 anos, estreara este ano a obra Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro e estaba a traballar no texto de O paxaro pinto, ademais de preparar unha nova montaxe para o vindeiro ano. Ao longo da súa vida, Martínez participara en diferentes producións escénicas, televisivas e cinmeatográficas. O funeral celébrase ás 16.30 horas desta tarde na igrexa de Santa Comba, en Rianxo.