Quiosco: Papeis da Academia Galega do Audiovisual, 4

A Academia reflexiona sobre o acontecido no sector audiovisual

O marco lexislativo e administrativo sobre o sector audiovisual, os encontros Mestre Mateo 2009, o palmarés de festivais, e a opinión dos profesionais do sector audiovisual conforman o cuarto número de Papeis da Academia. Unha publicación editada pola Academia Galega do Audiovisual para contribuír ao coñecemento da realidade deste sector no noso país. A publicación difúndese cunha nova entrega de As músicas da Academia, un cedé no que dan a coñecer o traballo dun compositor galego: nesta ocasión é o momento de Arturo Kress.