Roberto Varela oferta a Cidade da Cultura como proxecto de Estado

A ministra de Cultura lembra a necesidade de novos modelos de financiamento para as infraestuturas culturais

Onte celebrouse en Compostela a conferencia sectorial que reuniu os conselleiros de Cultura das diferentes comunidades coa ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde. No mesmo, o responsable galego deste departamento Roberto Varela, presentóulle aos asistentes o proxecto da Cidade da Cultura como un "proxecto clave para a consecución de obxectivos concorrentes en materia cultural entre a Xunta de Galicia e o Goberno de España". Ademais, lembrou que a iniciativa "polas súas dimensións debe ser clave como proxecto de Estado" e comunicouse de xeito particular cos responsables de Cultura de Ceuta e Melilla. Pola súa banda, González-Sinde lembrou a importancia de contar con fondos para manter programacións ante a proliferación de equipamentos culturais, e emprazou á necesidade de mudar os modelos de financiamento. A ese respecto, remitiu á Lei de Mecenado, que se debateu recentemente no Consello de Ministros.