Toxosoutos edita un dicionario de termos teatrais

Realizado por Xohán Xabier Baldomir conta con 651 entradas

Cun interese crecente polo teatro a nivel afecionado, con numerosas escolas e un centro superior de Arte Dramática, faltaba un manual de referencia nesta materia. Toxosoutos acaba de cubrir ese oco con Breve diccionario de termos teatrais. Son 651 entradas que van de director, a pano, a didascalia pasando por sotie ou reparto. Realizado por Xohán Xabier Baldomir Cabana, o volume únese a títulos xa consolidados como o Diccionario de Teatro Galego 1671-1985 ou Antoloxía do Teatro Galego. A obra custa 14 euros e pode mercarse en liña.

Ligazóns