As costuras da transición

Chévere homenaxea as mulleres do téxtil na segunda entrega de Citizen

Sara (Patricia de Lorenzo) regresa da Coruña para ser nai solteira e para traballar nunha cooperativa téxil. Este é o punto de partida da segunda parte de Citizen, a triloxía coa que Chévere conta a historia dun galego que se converte nunha das persoas máis poderosas e influíntes do mundo a través do sector téxtil. Nesta segunda parte “imos facer un retrato desa época a través da aparición de cooperativas e talleres de mullers que traballaran na confección e foi o motor oculto dunha industria téxtil que converteron Galicia no fenómeno da globalización”, explica Xesús Ron, director da montaxe. Arantza Vilar, Mónica García, Miguel de Lira e Nekane Fernández protagonizan a segunda entrega deste encontro que chega aos escenarios este mércores (Sala Nasa, 21:30 horas).