O panorama editorial galego está a vivir unha auténtica revolución. Desde que hai algo máis dun ano Xerais e Galaxia anunciasen o lanzamento das súas primeiras edicións electrónicas, están a se multiplicar as iniciativas que apostan pola integración das novas tecnoloxías a esta industria. Plataformas, redes sociais, servizos de publicación eletrónica e mesmo a reorganización do propio sector nun clúster amosan unha clara aposta pola profesionalización e unha vitalidade que ameaza con mudar o xeito en que concibimos o mundo das editoras no país.
A introdución do catálogo de Galaxia en Google Books. As primeiras edicións electrónicas desta editora e mais de Xerais. O nacemento da plataforma MeuBook, que integra tenda, servizos de edición e rede social sobre libros. A Creación do Clúster do Libro. Redelibros, outra rede social que incorporará en breve a súa propia tenda. Contos infantís de Galaxia para iPad e iPhone. Agrupados, todos estes feitos marcan ao longo do último ano a acelerada traxectoria do sector editorial galego de cara a integrar os novos soportes para á lectura e responder ao desafío dos contidos dixitais.
Proceso inevitable
Para Manuel Bragado, presidente da Asociación de Editores e director de Xerais, achegámonos ao futuro, e non é un problema de elección, senón que é algo no que temos que estar presentes. Estase a facer un esforzo por non perder o ritmo que imprimen outro sistemas e mais o propio proceso de tránsito cara a edición dixital no que estamos inmersos. Ánxela Chillón é a responsable do departamento dedicado á I+D na editorial Galaxia. Para ela, a incorporación ás novas tecnoloxías do sector é algo ineludible e inevitable. Estamos obrigados a encarar este problema. A presenza dos contidos dixitais é cada vez maior en todos os ámbitos, e mundo do libro non vai ser alleo a isto.
Os problemas do libro dixital
A escasa implantación do libro electrónico no noso país obedece, segundo lembra Ánxela Chillón, diferentes factores que fan deste formato aínda unha cuestión pendente. Debe crearse aínda un ámbito no usuario, e nese sentido aínda existen dificultades para o acceso á rede e mesmo na capacitación para o seu emprego nalgúns tramos de idade. O propio presidente do Clúster do Libro, Afonso García Sanmartín sinalaba na presentación desta iniciativa que aquelas editoras que primeiro apostaron por editar nestes formatos non venderan máis dunha trintena de exemplares. Desde Algueirada, empresa que acaba de lanzar un servizo para adaptar ao formato ePub calquera texto, Tati Mancebo comentaba sobre a situación do sector nese sentido que polo de agora déronse moi poucos pasos. Fixéronse lanzamentos en PDF, que non está pensado para ler en pantalla, senón para impresión. Ademais, fíxose co sistema de xestión de dereitos DRM, que dá problemas en moitos soportes e está a se deixar de lado. É posible que a falta de éxito do libro dixital en Galicia teña mais a ver con estes problemas do que coa suposta falta de interese do público.
Pouco atractivo
Para Manuel Bragado, este xeito de lectura non acaba de callar, pero non só no mercado galego, que nese sentido é moi semellante aos outros da Península. O excesivo prezo dos dispositivos de lectura, que irá diminuíndo segundo se vaia ampliando a oferta, ou o descoñecemento de boa parte da poboación sobre as posibilidades destes aparellos son outras pexas para esta innovacíon. Para a responsable de I+D de Galaxia a nosa é unha aposta de futuro máis que de presente, temos que estar aí desde comezo porque tamén é un xeito de dar a coñecer a nosa cultura en xeral, e o noso catálogo en particular, á xente que se introduce na lectura dixital. Canda ao prezo dos aparellos, Bragado tamén lembra que o os libros dixitais aínda teñen un prezo que non é tan atractivo para o público e é algo que se irá afinando e axustando no futuro, penso que é bastante importante que os estándares se vaian consolidando.
As plataformas
Canda á edición , tamén as plataformas atenden a este formato de publicacións como un horizonte achegado. É o caso de MeuBook, que combina a rede social coa comercialización on line, a formación e mesmo oferta servizos de autoedición da man do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, Espiral Maior, Alvarellos, Tórculo, Academia Postal ou Couceiro, entre outros promotores. Neste caso, a plataforma aposta aposta por un sistema de xestión de dereitos específico, o DRM social, que aspira a superar as limitacións doutras apostas semellantes. De xeito semellante, desde a Asociación de Editores se presentaba recentemente Redelibros, unha rede social centrada no libro que apostará en breve pola comercialización. Segundo explica Manuel Bragado, é a primeira experiencia dunha rede social temática especializada en lectura, paréceme unha noticia magnífica que isto se promova desde galicia. Non é a única que hai de lectura na rede mais si é a que vai ter unha presenza específica do libro en galego.
Novas organizacións
Non só a aposta pola rede e as novas tecnoloxías marcan a renovación da industria editorial. A aposta pola profesionalización do mesmo leva anos se escoitar como unha necesidade perentoria. A declaración deste sector como estratéxico na Lei do Libro semella ter sido un elemento decisivo no despegue deste proceso. Deste xeito, este mesmo outono vía a luz o Clúster do Libro, da Edición das Librarías e da Comercialización. Desde aquela, xa se desenvolveron diferentes xornadas formativas que apostan un profesionalización crecente do sector e a incorporación das novas tecnoloxías non só á edición, senón aos procesos de comercialización de venda destes produtos así como á propia xestión das empresas implicadas. En paralelo a este proceso, recentemente desde o propio Clúster anunciábase o vindeiro nacemento dun sección galega na asociación que coordina os distribuidores a nivel estatal, o que supón un novo paso na estruturación dun sector que ata hai ben pouco estaba caracterizado pola súa atomización.
Spotify de libros
Unha iniciativa aínda en andamento é o proxecto Pergameo. Desde a empresa Galicia Media S.L, responsable entre outras firmas da editorial Lea, están a traballar nun servizo de lectura on line que se inspira no modelo de negocio da célebre aplicación Spotify. Segundo nos explica Agustín Tourón, informático responsable do proxecto, a idea é facer algo semellante ao Spotify con libros electrónicos. Logo de recibir un convite, o ususario pode descargar unha aplicación e a través dela acceder aos libros do catálogo de xeito gratuito, recibindo de cando en vez publidade na forma de video, audio ou banner. Ademais, Pergameo permitirá compartir opinións e información sobre as obras. Para unha segunda fase está prevista a posibilidade de que a mesma plataforma permita mercar libros, tanto electrónicos como en papel. Segundo explica Tourón, esta primeira versión esixirá estar conectado a Internet para funcionar, o que fai que a aplicación estea orientada a ordenadores ou tablets do que a libros electrónicos. O formato é máis semellante ao pdf do que ao dun e-reader, recoñece. A presentación pública do proxecto está prevista para o vindeiro mes de decembro, e mentres está a se completar o catálogo de saída, que pretende superar os mil libros nun comezo, todos eles de editoras e institución galegas. Estamos a negociar con arquivos, universidades e outras institucións, agardamos que diferentes editoras que se queiran ir sumando á iniciativa, sinala o responsable da iniciativa.
Os vindeiros proxectos
Entre as apostas máis recentes polo formato electrónico está a edición para iPhone e iPad por parte de Galaxia de diferentes títulos infantís, no marco do proxecto Contoplanet. Canda a isto, non podemos esquecer a aposta de Continental ao tirar, xa en 2009 unha adaptación para iPhone de bandas deseñadas de Miguelanxo Prado. Nos dous casos trátase de facer das obras orixinais propostas multimedia que achegan animacións, sons e mesmo, nos casos dos contos de Galaxia, unha certa interactividade co usuario. Segundo explica Ánxela Chillón, esta é unha aplicación que trascende á simple adaptación do libro físico ao contorno dixital. De cara ao futuro, a aposta inmediata continúa por producir novos contidos para as plataformas de Apple, algúns dos cales poderemos coñecer no próximo Culturgal. Estamos a pensar tamén en novos produtos máis orientados cara ao dixital do que ao físico. Investigamos en ámbitos como a Educación e pretendemos estar tamén no vindeiro lanzamento de Google Editions. Esta nova plataforma permitirá adquirir libros electrónicos a partir do material dixitalizado no Google Books. Bragado pola súa banda adianta a vindeira posta en marcha dunha palataforma de distribución e creación de contidos dixitais educativos por parte dos editores. Isto pode dar froitos ao abeiro de proxectos como o Abalar da Consellaría de educación. Pola súa banda, a Universidade de Santiago publicaba aínda a pasada semana o seu primeiro libro dixital. En concreto trátase do volume colectivo Educación e linguas en Galicia.
Movemento, como ben se pode ver, non falta. É de agardar que en pouco tempo o panorama comece a se aclarar e que vexamos un sector editorial galego forte e adaptado aos novos tempos.