Xa vai para dous anos desde que a Real Academia Gallega de Bellas Artes acordou lanzar a candidatura do conxunto do Arsenal e dos castelos de San Felipe de da Palma a ser declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Neste tempo a iniciativa recolleu apoios de todo tipo de institucións e persoeiros, e o pasado xoves chegaba ó Congreso da man dunha proposta do Bloque Nacionalista Galego. Pero aínda queda moito camiño ata que a proposta chegue sequera a ser oficialmente presentada por España.
¿Castelos, que castelos?
Moles pétreas ocupadas durante dou séculos por militares e empregados para defender a Ría de Ferrol de posible ataques e que nalgúns casos foron empregados coma cadeas, uns lugares que a maior parte dos galegos non coñece están a postularse, canda a Torre de Hércules e o Conxunto monumental de Tui-Valença do Minho para ser declarados Patrimonio da Humanidade. Os castelos de San Felipe e da Palma, situados nas entradas da ría, onda as baterías de San Cristóbal, San Carlos e Viñas, situadas nas costas, así coma o Arsenal militar de Ferrol foron propostos en decembro de 2000 pola Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario recibir esta distinción da UNESCO ó igual que a Muralla de Lugo e o Casco Histórico de Compostela. Os méritos que presentaba este conxunto era o de ser un exemplo único da arquitectura militar da Ilustración, xa que o Arsenal foi construído no século XVIII e os dous castelos, aínda que orixinarios do XVI, foron case totalmente reconstruídos nese mesmo século. O valor deste conxunto vese referendado polo feito de estaren xa declarados coma Bens de Interese Cultural. Segundo o historiador Guillermo Llorca, autor do libro Ferrol no patrimonio mundial, trátase nada menos que da terceira obra arquitectónica máis importante de Galicia logo da Muralla de Lugo e da Catedral de Santiago. Segundo el, o modelo arquitectónico empregado nestes edificios foi exportado despois á América colonial. Onda a importancia arquitectónica dos edificios, Llorca destaca a importancia ecolóxica e paisaxística da Ría de Ferrol e apoia que se inclúa toda a zona na proposta seguindo a tendencia da UNESCO a declarar patrimonio zonas nas que se unan os valores histórico-artísticos e naturais. Neste mesmo sentido se ten manifestado Ramón Yzquierdo, catedrático da Universidade da Coruña e autor dun informe sobre a cuestión. Sen embargo, a instalación dunha planta regasificadora en Mugardos podería, segundo diferentes colectivos, por en perigo esa riqueza ecolóxica.
O camiño
A proposta da Real Academia Gallega de Bellas Artes concretouse nun completo informe sobre a importancia do conxunto militar e da súa conservación que se presentou o vintecatro de febreiro do 2001. Despois a idea foi recollida polo Concello de Ferrol, que aprobou no seu pleno promover a iniciativa e solicitar ó Parlamento Galego e a outras institucións o seu apoio. Entidades como as Universidades de Compostela ou do Minho, a Deputación da Coruña, Caixa Galicia, os museos de Pontevedra e Betanzos, a cidade de Lugo e diferentes particulares amosaron o seu apoio á proposta. En marzo o Parlamento Galego instaba á Xunta a apoiar o proxecto, e o organismo autonómico deu o seu apoio pouco despois. O pasado día dezanove de setembro o deputado do Bloque Nacionalista Galego, Francisco Rodríguez levou a Comisión de Educación e Cultura do Congreso unha proposta para que o Goberno estudie a inclusión desta proposta dentro da lista de candidaturas que lle presenta á UNESCO cada ano.
A lista de agarda
A proposta concreta era que este conxunto entrase á formar parte da lista que o Ministerio de Educación e cultura presenta na UNESCO. O que acontece é que en 1998 o Ministerio pechou a lista de candidaturas durante dez anos, polo que o conxunto ferrolán só podería optar a entrar na lista de reserva na que xa están outros sesenta e dous candidatos. Segundo o BNG, Galicia non está axeitadamente representada en ningunha das dúas listas, xa que só a Ribeira Sacra é candidata de España a Patrimonio da Humanidade. Para isto, a proposta aínda ten que ser examinada polo Consejo del Patrimonio Histórico que deberá decidir se a inclúe entre as seleccionadas. Polo de agora, a comisión do Congreso aprobou por unanimidade remitir a proposta a este organismo. Pero o movemento da lista é lento, e nada fai prever que antes do 2008 os castelos da ría poidan entrar a formar parte da lista que o Goberno envía á UNESCO. Ademais, esta entidade decidiu conxelar este mesmo ano as posibles declaracións de Patrimonio da Humanidade para España durante unha década debido elevado número de conxuntos que posúen o status neste país. Por se fose pouco, o procedemento habitual é que a UNESCO seleccione de entre as propostas de cada país as candidatas de cada ano para despois facer a selección final entre estas. Todo isto prolongaría ata o 2012 como mínimo que a proposta chegue ó organismo internacional. Na busca de acelerar o proceso a parlamentaria do PP en Galicia Marta Álvarez, propuxo xa en marzo que os castelos se integren nunha proposta xa existente pola que varias autonomías solicitan este status para unha serie de baluartes e fortalezas. De engadirse Ferrol a esta proposta, situaríase nunha das mellores posicións para chegar ó organismo internacional. De calquera xeito aínda queda tempo e moito traballo de promoción na busca de apoios ata que a idea se faga realidade.