Literarios e historiadores analizan en Ourense a figura de Euxenio Montes

Montes literarios

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Durante dous días historiadores, lingüístas e literatos analizarán no edificio Simeón ourensá a figura e o legado artístico de Euxenio Montes. Unhas xornadas organizadas pola Dirección Xeral de Promoción Cultural que pretenden conmemorar o centenario do seu nacemento.

Xornadas

As primeiras ponencias tratarán de analizar a obra literaria do escritor ourensá. Neste sentido o numerario da Real Academia Galega pronunciará unha conferencia titulada "Evocación de Euxenio Montes, escritor bilingüe", á que seguiran as intervencións de Lavier Diez, catedrático de Literatura Española e o poeta Ramiro Fonte. As xornadas continuarán pola tarde facendo especial fincapé personalidade do escritor. As contribucións a debuxar o seu perfil correrán a cargo do profesor Marcos Valcárcel, Javier Gutiérrez e Manuel Fraga.



Euxenio Montes


Euxenio Montes (Bande, Ourense 1987, Madrid 1982) é un importante escritor bilingüe. Colaborador asiduo de prensa ourensá e viguesa, abrangueu na súa obra tódolos campos da creación literaria, dende a poesía ata o ensaio. En 1977 ingresou na Real Academia Española da lingua; a súa principal aportación ó galego baséase en tres libros "O vello mariñeiro toma o sol", "Vestos a tres cas o neto" e "Tres contos", así como un estudio ensaístico sobre a danza e, en especial, a muiñeira que foi publicado pola revista Nós.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Ramiro Fonte, Manuel Fraga, Ramiro Fonte...