Leticia Blanco gaña o premio Tesoira, de novos valores da moda

Isabel Piñor e Alberto Neves fanse co segundo e terceiro premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

A temporada que Leticia Blanco pasou en Londres, como coordinadora visual das promocións de Burberry, inspirou a proposta que presentou ao certame de Novos Valores da Moda, máis coñecido como Tesoira. A súa revisión da iconografía británica fixo que o seu Oxford versus Cambride recibira o máximo galardón dotado con 3.000 euros. O segundo premio foi para Isabel Piñor por Future-Looking Back, no que xoga cos volumes. O terceiro posto foi para Alberto Neves cunha proposta inspirada no leite confeccionada a base de estruturas de metacrilato branco e teas sintéticas contrapostas a gasas sinuosas. Os tres gañadores recibirán unhabolsa de formación.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Londres

Claves

Entidades
Lugares