Unha colección inspirada na guerra fría gaña o Premio Tesoira para novos deseñadores

A gañadora recibirá 3.000 euros e unha bolsa de formación

21/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
11 lecturas | Compartido 0 veces
A mestura de materiais, cores e a composición a partir de diferentes volumes que pretende recoller o espírito da posguerra mundial é a idea na que se baseou a viguesa Isabel Mastache para a súa colección Sputnik. E o xurado, composto por deseñadores e responsables de centros de moda en Galicia como Jorge Galiñanes ou Dolores Dopico, valorou esta proposta facéndoa gañadora do Premio Tesoira. O premio consiste en 3.000 euros e unha bolsa de formación no ámbito da moda. O segundo premio (1.500 euros) foi para a cambadesa Eva Soto Conde por unha colección inspirada na tradición xaponesa e as construcións de papel. Completa o palmarés desta décimosétima edición do certame de novos creadores a pontevedresa Mónica Bastón cunha colección titulada A mente demente de Sévérine Sérizy. Ademais, estas creacións farán parte dunha exposición que se poderá ver os centros que El Corte Inglés ten en Galicia.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos